Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/162-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.-Acuaes.

Domicilio social: r/ Agustín de Betancourt, nº 25-4º, 28003 Madrid.

Título: LAT 132 kV de alimentación á subestación EDAR Lagares.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 132 kV, con condutor LA-240 + H120, de 2.800 metros de lonxitude, con orixe nunha cela de liña da subestación Balaídos Zona Franca de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final na subestación da EDAR Lagares. A instalación está situada en Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo; avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra