Expediente: IN407A 2015/245-1.
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Denominación: LMTS 20 kV de interconexión do CT Eroski aos CC.TT. Breogán e Labregos.
Concello: Santa Comba.
Características técnicas:
Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre os CT Labregos e CS Eroski, en simple circuíto, con condutores RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 130 m de lonxitude.
Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre a liña subterránea de media tensión existente proveniente do CT Breogán (expediente IN407A 2015/159-1) e o CS Eroski, en simple circuíto, con condutores RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 115 m de lonxitude.
Centro de seccionamento Eroski proxectado con dúas celas de liña e outra de protección.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 30 de setembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña