Expediente: IN407A 2015/215-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT SME - 723 lugar de Pazos.
Concello: Ferrol.
Características técnicas:
Recuamento liña eléctrica de media tensión aérea SMR-723, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, coa orixe en apoio nº 21 existente da LMT SMR-723, no tramo entre o CT Santa Mariña (expediente 234/12) e o CT Pazos (expediente 7306), condutor tipo LA-110 mm2, e final no CT Pazos (expediente 7306).
Lexislación de aplicación:
– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e, desta maneira, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 28 de setembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/215-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT SME - 723 lugar de Pazos.
Concello: Ferrol.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:
Nº predio |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Apoio |
|
Nº |
m2 |
||||
2 |
Pazos |
Horta |
– Mercedes González Rodríguez |
22 |
9.0 |