Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41044

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 145/2015, do 22 de outubro, polo que se nomea conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia a José Antonio Fernández Vázquez.

En virtude do establecido nos artigos 3.2 e 4.1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e oído o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de outubro de dous mil quince,

Nomeo conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia a José Antonio Fernández Vázquez, que exercerá o seu mandato nos termos previstos no artigo 4.1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente