Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 3 de agosto de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación dunha nave no dominio público portuario de Cabo de Cruz, para a preparación e limpeza de atún para maquiar (expediente 12-52-15-C-1).

A sociedade Conservas Cabo de Cruz, S.L. solicitou unha concesión administrativa para a ocupación dunha nave, para a preparación e limpeza de atún de maquiar, no dominio público portuario de Cabo de Cruz, con base no proxecto básico para o acondicionamento de nave industrial para limpeza e preparación de atún para maquiar, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan José Mariño Dieste (colexiado nº 1.593), con data do 21 de maio de 2015.

O que se fai público, para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 3 de agosto de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia