Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2015 pola que se publica a declaración de deserto da contratación do servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de xestión de inventario da Xunta de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de xestión de inventario da Xunta de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de setembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 66.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 66.000,00 euros. Importe total: 79.860,00 euros.

6. Formalización do contrato.

Data de resolución da declaración de deserto: 5.10.2015.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable