Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40920

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria no ano 2015.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 194, do 9 de outubro de 2015, procédese a realizar a seguinte corrección:

Na páxina 39461, no punto 1.2 do artigo 14, onde di: «Poboación do concello titular do CIM, no caso de mancomunidades terase en conta a media da poboación de todos os concellos que a integran, segundo cifras oficiais de poboación en 1 de xaneiro de 2014, fonte IGE: ...», debe dicir: «Distribución poboacional da entidade local solicitante, no caso de agrupación de concellos a poboación do concello representante ou titular do CIM e no caso de mancomunidades terase en conta a media da poboación de todos os concellos que a integran, segundo cifras oficiais de poboación en 1 de xaneiro de 2014, fonte IGE: ...».