Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40784

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2548/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2548/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 618/2013 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2548/2014, seguido por instancia de Alessandro de Angelis Canay contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, Construcciones y Pavimentos Rual, S.L. sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Alessandro de Angelis Carray fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, con data do 18 de febreiro de 2014, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Pavimentación Rual, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avenida Castrelo, 35, baixo, Cambados (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

A secretaria xudicial