Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de sistemas de almacenamento de backup en disco e armarios ignífugos para a Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 30/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dous sistemas de almacenamento de backup en disco con capacidades VTL (virtual tape library), dous armarios ignífugos e un baúl con maletíns para o traslado de cintas de backup para a Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 24.4.2015.

DOUE: 20.4.2015.

BOE: 9.5.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 342.975,21 €.

5. Orzamento base de licitación: 342.975,21 €, máis 72.024,79 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 415.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 26.8.2015.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.

d) Importe de adxudicación: 349.353,62 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia