Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización da subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de catro equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesada e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia (expediente 39/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición, montaxe e posta en funcionamento de catro (4) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesada e etiquetaxe de moluscos bivalvos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23064

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 134, do 17 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 118.000 €. IVE (21 %): 24.780 €. Importe total: 142.780 €.

Valor estimado: 118.000 €.

5. Financiamento: expediente cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Pesca (FEP), eixe prioritario 3.3: portos pesqueiros, lugares de desembarque e ancoradoiros. Porcentaxe cofinanciamento: 75 % FEP-25 % Estado membro.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 16 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Saecdata, S.A.

c) Importe: 95.900,00 € (sen IVE). IVE 21 %: 20.139,00 €. Importe total: 116.039,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar