Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo, para o persoal docente e non docente destinado en centros públicos non universitarios, dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

2º. Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 95 74 79 - 981 95 77 94 - 981 95 78 19. Telefax: 981 54 54 43.

5º. Correo electrónico: servizodeprevencion@edu.xunta.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23538

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo para o persoal docente e non docente, destinado en centros públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: levarase a cabo nas seguintes localidades de obrigada prestación:

A Coruña:

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Carballo, Cee e Ribeira.

Lugo:

Lugo, Viveiro , Vilalba, Becerreá e Monforte de Lemos.

Ourense:

Ourense, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e Verín.

Pontevedra:

Pontevedra, Vigo, Lalín e Vilagarcía de Arosa.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte á formalización ata o 15 de xullo de 2015.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 85120000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: con pluralidade de criterios, especificados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 1.024.650,00 euros (exento do IVE conforme o artigo 20.1.3 da Lei 37/1992, do IVE).

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación (51.232,50 euros).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo N, subgrupo 1 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán acreditala os empresarios non españois de estados membros da Unión Europea que non estean clasificados, e as empresas estranxeiras non comunitarias, nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os sinalados no punto 6.2.A 6) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo (10) día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día fose inhábil, caso en o que se prorrogará o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 54 43).

c) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un (1) mes contado desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1ª planta.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: terá lugar en acto público o sétimo día natural seguinte ao da data de apertura da documentación administrativa (sobre A), que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores. De coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de outubro do 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria