Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40749

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de setembro de 2015 pola que se autoriza a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde desta consellería do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio), pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros plurilingües que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De non consideraren oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Centros autorizados

Cód. centro

                        Centro

Idioma

                  Materia

Observacións

Curso

Ensinanza

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Inglés

Educación Física

 

1º bacharelato

Bacharelato

15026121

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Francés

Historia do Mundo Contemporáneo

 

1º bacharelato

Bacharelato

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Inglés

Historia do Mundo Contemporáneo

 

1º bacharelato

Bacharelato

 

 

 

Física e Química

 

1º bacharelato

 

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

Inglés

Historia do Mundo Contemporáneo

 

1º bacharelato

Bacharelato