Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica unha resolución de reintegro da subvención á promoción do emprego, programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, regulada na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348B 2011/145-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución administrativa no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertindo de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no mencionado anexo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de setembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2015/073-5.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/145-5.

Nome: Álvarez Novoa, Alfredo José.

NIF/CIF: 35998360W.

Último enderezo coñecido: Urzáiz, 44, bx., 36201 Vigo.

Tipo de axuda: axudas á transformación de contratos temporais en indefinidos (TR348B) reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (DOG do 28 de marzo).

Contido da resolución: finalización do procedemento de reintegro da subvención.

Data da resolución: 4.6.2015.