Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015097AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 28 de agosto de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015097AL-LU, incoado a Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar, o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de setembro de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 2015097AL-LU.

Interesada: Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar.

NIF: 33538298C.

Último enderezo coñecido: rúa Trapero Pardo, 22, 27780 Foz (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria. Tamén se confirma a medida provisional de suspensión da actividade de restauración comercial, acordada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo con data do 17.8.2015.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 3, punto 1 e punto 2.d do capítulo I, punto 1.d, punto 1.f, punto 2 do capítulo II, punto 1.b do capítulo V, punto 2 do capítulo VI, punto 2 e punto 4 do capítulo IX do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.2, 3.3, 6.7, 7.1, 7.2, 7.3 e 8 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigos 50.1.e e 51.2 parágrafo 18º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seis mil euros (6.000 €).