Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40730

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza dos centros de traballo desta deputación provincial durante os exercicios 2016 e seguintes.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de limpeza dos centros de traballo da Deputación Provincial de Ourense durante os exercicios 2016 e seguintes, cun gasto autorizado de 485.000,00 € anuais (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 25 de novembro de 2015 no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación: www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente: 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación, ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, no prazo de quince días hábiles e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 29 de setembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación provincial de Ourense