Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de axuda para a mellora da eficacia e da sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios (expediente 36/00199/09 e un máis).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións ditadas nos expedientes de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios número: 36/00199/09, 32/00216/09.

Os interesados poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os devanditos prazos para presentar os recursos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 36/00199/09 de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Bodegas Agnusdei, S.L.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: Aguís, s/n, Simes, 36969 Meaño, Pontevedra.

Procedemento: expediente número 36/00216/09 de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Juan José Nercellas de La Torre.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: Breixa, 10, 36546, Silleda, Pontevedra.