Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos, de caza, conservación da natureza e de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (expediente ANP-CO-63/2015 e tres máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña e polo instrutor dos expedientes, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de setembro de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0063/2015-V.

Denunciado: Aldán Rodríguez Montes.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CAZ-CO-0020/2015-V.

Denunciado: David García Pérez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0011/2015.

Denunciada: Ana Belén García Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANI-CO-0007/2015-V.

Denunciada: Susana Campos Villanueva.

Acto de notificación: proposta de resolución.