Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-56/2015-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 29 de setembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-56/2015-V.

Interesado: Dimitrov Dimitar Yankov.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-62/2015-V.

Interesado: Rui Daniel da Silva Martins Ferreira.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-102/2015-V.

Interesado: Vasile Coman.

Acto de notificación: notificación de incoación de expediente sancionador.