Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de setembro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU3/121/2011-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 31 de agosto de 2015, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/121/2011, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 21 de agosto de 2012 na que se lle ordenaba a demolición das obras consistentes na ampliación dunha nave industrial preexistente no lugar de Mourazos, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, por ser incompatibles co ordenamento xurídico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Antonio Loureiro Reis, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística