Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda de investimentos a bordo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de reintegro.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, para que presente as alegacións que considere oportunas en defensa dos seus intereses.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

Beneficiaria: Pesquera Formoso Olveira, S.L.

NIF: B70138706.

Número de expediente SXPA: PE107D 2009/365-1 PE107Z 2015-163-0.

Buque: Tamara y Yaiza (actualmente Playa de San Francisco); CO-6-5-99.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro de data 28 de agosto de 2015, ditado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da subvención concedida no ano 2009.

Último enderezo coñecido: rúa Xantoque, nº 6, Esteiro, 15240 Muros ( A Coruña).