Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 14 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintas causas para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada no centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que achegar, deberán pórse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 41 77 67.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 14 de setembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Doporto Vence, Cristina Alicia

Bucur --- Ionel

X09890416W

Echevarria Echeverri, María del Sol

076623492G

Carcelen, López Francisco

038215947K