Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40422

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a provisión do posto de traballo de asesor técnico, polo sistema de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 207, do 9 de setembro de 2015, publícanse a convocatoria e as bases para a provisión do seguinte posto de traballo:

Número de vacantes: unha. Denominación: asesor técnico. Tipo de posto: singularizado. Número do posto de traballo: I90 Adscrición: Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía. Réxime xurídico: funcionario. Complemento de destino: 28. Complemento específico: 1.731,17 euros. Requisitos indispensables: ademais dos funcionarios de carreira da propia entidade convocante, os funcionarios de carreira que pertenzan a calquera das administracións públicas ou organismos públicos que pertenzan ao grupo A (subgrupo A1/A2), agás os funcionarios públicos de carreira incursos en situación de suspensión firme.

Presentación das solicitudes: presentaranse no modelo oficial que figura no anexo das bases (páxina web www.deputacionlugo.org), epígrafe: «Emprego público, provisión postos de traballo»).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou en calquera dos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Órgano a quen se dirixe: á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación de solicitudes: quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web da entidade.

Lugo, 21 de setembro de 2015

Elena Candia López
Presidenta da Deputación Provincial
de Lugo

José María Vázquez Pita
Secretario da Deputación Provincial
de Lugo