Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de setembro de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/2/2015-RP1, publicada por resultar imposible a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a monte veciñal de Santa María de Muxa, en calidade de propietario catastral, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/2/2015-RP1, en relación coas obras de construción de diversas edificacións de tipoloxía residencial (vivenda, garaxe, piscina...) que se levan a cabo no lugar de Muxa de Arriba, no termo municipal de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística