Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/231-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, Acuaes.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.

Denominación: proxecto de CS e CT de 160 kVA para tanque tormentas Montón.

Situación: Montón, Ferrol.

Características técnicas: nova cela de liña (CGMCOSMOS-L, interruptor-seccionador) en centro de seccionamento 15SN22 –propiedade Unión Fenosa Distribución– existente.

Liña RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×240 mm2, de 250 m, entre CS 15SN22 e CT de abonado.

Cela de liña (CGMCOSMOS-L, interruptor-seccionador) en CT de abonado.

Cela de proteción (CGMCOSMOS-V, con interruptor automático) no CT de abonado.

Cela de medida (CGMCOSMOS-M) no CT de abonado.

Liña RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×95 mm2, de 5 m, entre cela de medida e transformador de abonado.

Transformador trifásico de tensión, de 160 kVA de potencia e refrixeración natural. Tensión primaria 15 kV e secundaria 420 V. Grupo de conexión Dyn11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 7 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña