Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/11-0).

Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada «Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo (Lugo)», que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

• Peticionaria.

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Antecedentes.

O 31.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Burela (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (24.8.2012) e no Boletín Oficial da provincia (27.8.2012). Segundo consta neste proxecto de autorización administrativa, a subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de gas natural licuado (GNL), situada na zona de ampliación do polígono industrial, e desde a cal parte a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Burela, que acada unha lonxitude de 18.854 m.

• Obxecto da petición.

O 4.6.2015 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título «extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo».

O 26.6.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa (DOG núm. 133, do 16 de xullo), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia coa dita solicitude de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

Con esta infraestrutura gasista, a subministración de gas natural á rede de distribución do termo municipal de Burela, inicialmente proxectada desde unha planta satélite de GNL, pasará a realizarse desde o gasoduto de transporte básico da Mariña lucense.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados, necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

• Descrición das instalacións.

O proxecto titulado «extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo», recolle a instalación do tramo inicial da antena de aproximación en MOP 10 bar para subministración de gas natural canalizado en Burela, que ten o seu inicio na ERP 05 do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense (instalada no lugar de Lamacede, no municipio de Cervo) e o seu final no límite do municipio de Cervo.

O alcance deste proxecto resúmese nas seguintes instalacións:

– Conexión en tubaxe existente en posición 05 mediante redución de 4” × 6”.

– Instalación dunha transición aceiro 6” / polietileno 160 mm.

– Instalación dunha válvula de seccionamento de 6”.

– 132 m de extensión de rede en polietileno 160 mm cunha MOP de 10 bar.

– Termo municipal afectado.

A solicitude afecta o termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo.

– Orzamento.

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de dez mil trescentos trinta e cinco euros con noventa e catro céntimos (10.335,94 €).

– Afección a predios particulares.

A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado «extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo», concrétase na seguinte forma:

a) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha largura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada, cava ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de tronco alto.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.

– Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.

b) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguranza, definida na norma UNE 60.305.83 (que se adopta para as canalizacións de polietileno, de desenvolvemento posterior, por requiriren a mesma protección que as tubaxes de aceiro), que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguranza da canalización e na cal non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que se informe previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

c) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, na franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado «extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo», na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello de Cervo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de predios afectados polo proxecto «extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña lucense para subministración
a Burela-trazado no municipio de Cervo»

Abreviaturas utilizadas: SP-servidume permanente de paso; OT-ocupación temporal; POL-polígono; PAR-parcela; LU-Lugo; CE-Cervo.

Termo municipal: Cervo (Lugo).

Nº de predio

Titular e enderezo

Afección

Catastro

Lugar

Natureza

SP

OT

POL

PAR

ml

m2

m2

LU-CE-306

Carmen García Quiroga

R/ Baamonde Illade, 27 27870 Xove (Lugo)

14,00

36,00

86,00

61

352

Puida

Eucaliptal

LU-CE-307

María Cristina Ibias Mon

R/ Panaderas, 49, 3º
15001 A Coruña

32,00

83,00

213,00

61

351

Lamacede

Eucaliptal

Isolina Mon Rodríguez

R/ Pastor Díaz, 3
27850 Viveiro (Lugo)

LU-CE-308

Descoñecido

19,00

44,00

107,00

61

566

Lamacede

Eucaliptal