Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 185/2015, interposto por Mayra Correa Precedo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 185/2015, interposto por Mayra Correa Precedo, contra a resolución da Consellería de Facenda pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 24 de setembro de 2014, da Consellería de Facenda, pola que se nomea funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), en execución da Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, do 25 de xuño de 2014, ditada no recurso de casación 2688/2013.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública