Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da aprobación inicial dun convenio urbanístico con Endesa Generación, S.A.

Mediante este anuncio faise público que o Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de setembro de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o convenio urbanístico subscrito con Endesa Generación, S.A., o día 19.5.2015, para a cesión ao concello de diversos terreos.

O dito convenio sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, e estará á disposición na Secretaría do concello.

As Pontes de García Rodríguez, 18 de setembro de 2015

P.D. (Decreto 1251/2015, do 3 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro-delegado de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos