Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2015/34 e un máis.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Contra as resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2015/34.

Interesada: María Francisca Táboas Fernández.

Acto notificado: Resolución do 14 de setembro de 2015 pola que se declara desistida da solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Expediente: PR905A 2015/45.

Interesada: Cristina Guldrís Iturralde.

Acto notificado: Resolución do 3 de setembro de 2015 pola que se lle concede unha axuda extraordinaria ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.