Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (210/2014).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 210/2014, por instancia de Eduardo Cerviño Guerra, contra a executada As Faragullas, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de setembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 13.253,20 euros de principal, máis 1.325,32 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial