Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2015/22-2-8216-AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).

Domicilio social: estrada Ajalvir km 4, 28850 Torrejón de Ardoz.

Denominación: liña eléctrica a 20 kV, alimentación e novo centro de transformación INTA Aeródromo de Rozas.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, con orixe no apoio existente S10775 da LMT Cospeito 1, propiedade de BEGASA, e final no apoio proxectado nº 1, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con orixe no apoio proxectado nº 1 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 415 metros en condutor RHZ1-150 mm.

3. Centro de transformación prefabricado cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 17 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Jefa territorial de Lugo