Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2015/58-2-8252-AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Customdrinks, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Os Acivros, parcela C1, Chantada.

Denominación: LMTS e CT para subministración eléctrica a unha planta de envasado de bebidas.

Situación: polígono industrial Os Acivros, parcela C1, Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, consistente en anelar na LMTS existente (CHA 814) no polígono de Chantada o CS proxectado, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

2. Centro de seccionamento no límite da parcela en edificio prefabricado tipo PFUS, no cal se instalan tres celas de liña.

3. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFUS, cunha potencia de 1.000 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de setembro de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo