Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 2 de outubro de 2015, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 36R001/262/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, 7-1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de outubro de 2015

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001/262/2015.

Interesado: Carlos Serans Santos (Low Cost Móvil).

CIF/NIF: 44849134P.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.