Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39842

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2015 pola que se publican os requirimentos de emenda das axudas á promoción conxunta en mercados exteriores, Plan Primex.

Mediante Resolución do 24 de xullo de 2015 (DOG núm. 141, do 28 de xullo) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores - Plan Primex, e publicouse a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2015.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es , onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es , ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG158.2015.1.2

Proyestegal, S.L.

B27159730

IG158.2015.1.3

Valora Consultores de Gestión, S.L.

B15829443

IG158.2015.1.4

Tas Galicia, S.L.

B27729458

IG158.2015.1.5

Sicasoft Solutions, S.L.

B70452263

IG158.2015.1.6

K2 Estudio de Ingeniería, S.L.

B70240759

IG158.2015.1.7

Innolact, S.L.

B27341502

IG158.2015.1.8

Ecnatin, S.L.

B27411685

IG158.2015.1.9

Dr. Alonso Taboada y Asociados, S.L.

B36801348

IG158.2015.1.10

Invernalia Ice Park, S.L.

B70308861

IG158.2015.1.11

Nova Galicia Edicións, S.L.

B36818003

IG158.2015.1.12

Ailala-Ailalelo, S.L.

B32420424

IG158.2015.1.13

Cooperativa Vitivinícola del Ribeiro

F32002230

IG158.2015.1.14

Servicios y Mantenimientos de Geolocalización, S.L.

B70413646

IG158.2015.1.15

Tórculo Artes Gráficas, S.A.

A15056393

IG158.2015.1.17

Armaduras Metálicas para la Construcción S. Juan, S.L.

B15067077

IG158.2015.1.18

Maisvento, S.L.

B15784234

IG158.2015.1.22

Porto-Muíños, S.L.

B70314570

IG158.2015.1.23

Industrias de Panificación Campelos do Coto, S.L.

B36438083

IG158.2015.1.24

Bodegas Val de Souto, S.L. (en constitución)

B32457442

IG158.2015.1.25

Bodegas Martín Codax, S.A.U.

A36033009

IG158.2015.1.28

Vagalume Energía, S.L.

B94056470

IG158.2015.1.29

Aquatica Ingeniería Civil, S.L.

B36962314

IG158.2015.1.30

Hidria, Ciencia, Ambiente y Desarrollo, S.L.

B36974988

IG158.2015.1.31

Sarpel Ingeniería, S.A.

B15522766

IG158.2015.1.33

Remote Consulting Services, S.L.

B27746502

IG158.2015.1.34

Academia Postal 3 Vigo, S.L.

B36795565

IG158.2015.1.35

Gdoce

B36993509

IG158.2015.1.36

Adantia, S.L.

B15503279

IG158.2015.1.40

Clictic, S.L.

B27730837

IG158.2015.1.42

Saiga Muimenta, S.L.

B27257005

IG158.2015.1.43

Transformaciones Galicia, S.L.

B27368133

IG158.2015.1.44

Ramudo Import, S.L.

B27372036

IG158.2015.1.45

Queixería Prestes, S.L.

B27364199

IG158.2015.1.46

Mieles Anta, S.L.

B15351620

IG158.2015.1.55

Consorcio Hortofruticola Ibérico, S.L.

B27736271