Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39835

I. Disposicións xerais

Consellería do Mar

ORDE do 9 de outubro de 2015 pola que se determina a adscrición dos órganos da extinta Secretaría Xeral do Mar á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Mediante Decreto 116/2015, do 4 de outubro, pola que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, intégrase nela a Consellería do Mar.

No Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, estrutúrase a Consellería do Mar en tres órganos de dirección: a Secretaría Xeral Técnica, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, coa adscrición de dous entes públicos: Portos de Galicia e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

Estes decretos supoñen a extinción da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como a supresión da Secretaría Xeral do Mar.

De acordo co disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, mediante resolución da persoa titular da consellería debe determinarse a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais e direccións xerais suprimidas aos órganos superiores ou directivos correspondentes, mentres non se regule a nova estrutura orgánica da consellería.

En consecuencia, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

1. Adscribir, con carácter temporal e ata que se aprobe o decreto de estrutura orgánica da Consellería do Mar, os órganos dependentes da extinta Secretaría Xeral do Mar á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. Os órganos adscritos manterán a súa estrutura e funcións ata que se desenvolva o decreto de estrutura orgánica.

3. Esta orde será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar