Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación do artigo 4. Obxecto e actividade económica, dos estatutos sociais da entidade denominada Algueirada, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 4 «Obxecto e actividade económica», dos estatutos sociais da entidade denominada Algueirada Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral de data 30 de maio de 2015, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O obxecto social ampliase con esta actividade: «Elaboración de produtos de artesanía e comercialización e divulgación deles».

A Coruña, 17 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña