Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.
Domicilio social: rúa Maior, 12, 36520 Agolada.
Denominación: ampliación de potencia del CT Aldea do Monte.
Situación: Agolada.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado en Aldea do Monte, Ventosa, Agolada a 100 kVA con relación de transformación 20 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo; avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 24 de xullo de 2015
P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Pontevedra