De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 10 de setembro de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Interesada: Josefina Armada Álvarez.
Expediente: ES-P-0005/15.
Último enderezo coñecido: rúa Miranda, nº 29, Cangas (Pontevedra).
Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0005/15 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 110 e 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.
Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, os documentos e, de ser o caso, propor proba e concretar os medios de que pretenda valerse.