Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
A Coruña, 18 de setembro de 2015
Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: VP-C 98/14.
Denunciado: Miguel Ángel Gómez García.
Expediente: VP-C 80/14.
Denunciada: Encarnación Lodeiro Fernández.
Expediente: VP-C 3/15.
Denunciada: Mª Elena Castro Pazos.
Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.