Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no primeiro cuadrimestre do ano 2015 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
A Estrada, 22 de setembro de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega total da Agasp |
Anualidade 2015 |
Academia Galega de Seguridade Pública e Concello de Narón |
Acordar un marco de colaboración para a formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Narón. |
3.7.2015 |
Sen achega económica |
|
Academia Galega de Seguridade Pública e Concello de Vigo |
Acordar un marco de colaboración para a formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Vigo. |
28.7.2015 |
Sen achega económica |
|
Academia Galega de Seguridade Pública e Concello do Grove |
Acordar a participación do Concello do Grove na realización do módulo de prácticas profesionais non laborais do curso de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais que a Academia Galega de Seguridade Pública realice. |
19.8.2015 |
Sen achega económica |