Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39683

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 30 de setembro de 2015 de convocatoria de axudas de acción social para o persoal para o exercicio 2015.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 24 de setembro de 2015, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2015: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia