Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39810

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO polo que se fai público o acordo da Xunta de Goberno Local, do 13 de maio de 2015, referente á convocatoria e ás bases do proceso de funcionarización de 26 prazas (24 en propiedade e 2 interinas) de administrativo/a de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 94, do 21 de maio de 2015, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria do proceso de funcionarización, polo procedemento de concurso-oposición restrinxido, de 26 prazas (24 en propiedade e 2 interinas) de administrativo/a de Administración xeral do Concello de Arteixo.

As instancias de solicitude de participación no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde-presidente da corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 9 de setembro de 2015

P.D. (Decreto 1336/2015)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Relacións Humanas