Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2009/510-1 e catro máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), notifícaselles por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes.

A notificación publícase preceptivamente no Boletín Oficial del Estado.

Dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nesta xefatura territorial, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 23 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2009/510-1.

Acta inf.: I152009000136335.

Empresa: Escotego, S.L.

NIF: B15585078.

Enderezo: rúa Linares Rivas, 57, baixo, 15005 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: anexo IV, parte C, 3.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Escotego, S.L. unha sanción por importe de doce mil euros (12.000 €).

2. Expediente: RL 2015/86-1.

Acta inf.: I152015000010812.

Empresa: Fontnatura, S.L.

NIF: B27193747.

Enderezo: rúa San Roque, 4, 3º B, 27007 Lugo.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12.4.c), 12.5.h), 35.5 e 53.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e artigos 17 e 19 do Convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña, do 18 de decembro de 2013.

Tipificación: artigos 7.5 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Fontnatura, S.L. catro sancións de 626 euros cada unha, por un total de dous mil cinco centos catro euros (2.504 €).

3. Expediente: RL 2015/177-1.

Acta inf.: I152015000031121.

Empresa: Alejandro Martí Castiñeira Benítez.

NIF: 48115745K.

Enderezo: escalinata Santa Lucía, 1, baixo, 15006 A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12, puntos 1 e 4.c), 34 (apartados 1, 2 e 6) e 37.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e artigos 14 e 15 do Convenio colectivo provincial de hostalería da Coruña (BOP do 30 de agosto de 2013).

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Alejandro Martí Castiñeira Benítez unha sanción por importe de catro mil euros (4.000 €).

4. Expediente: RL 2015/178-1.

Acta inf.: I152015000032232.

Empresa: Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L.

NIF: B15796642.

Enderezo: lugar Montellos, 15319 Betanzos (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14, 15, 17 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais e artigos 3, 4 e 5, anexo I, punto 1.12 do Real decreto 1215/1997, do 12 de xullo, polo que se aproban as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Tipificación: artigo 12.8 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. unha sanción por importe de oito mil cento noventa e seis euros (8.196 €).

5. Expediente: RL 2015/183-1.

Acta inf.: I152015000034656.

Empresa: Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L.

NIF: B15796642.

Enderezo: lugar Montellos, 15319 Betanzos (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 24 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. unha sanción por importe de mil euros (1.000 €).