Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de urbanización das infraestruturas dos sistemas xerais da plataforma loxística intermodal Salvaterra-As Neves (PLISAN)-proxecto de ETAP e EDAR, nos concellos das Neves e Salvaterra de Miño (Pontevedra), promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) (clave 2015/0118).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de setembro de 2015 do proxecto de urbanización das infraestruturas dos sistemas xerais da plataforma loxística intermodal Salvaterra-As Neves (PLISAN)-proxecto de ETAP e EDAR, nos concellos das Neves e Salvaterra de Miño (Pontevedra), promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental