Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de setembro de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 17 de setembro de 2015 (DOG núm. 183, do 24 de setembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 30 de setembro de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas ás cales se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Apelidos e nome

DNI

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

1

Juncal Caldas, Luisa María

35308118J

9

MR4020000315770074

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

2

Vázquez Díaz, Carlos

33330317M

2

MAC991000027001023

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

Lic. Biolóxicas

3

Fernández Márquez, Diana

32834434W

10

MRC991090115001007

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Xefatura de Coordinación Área do Mar - A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Lic. Ciencia do Mar, lic. Biolóxicas