Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de setembro de 2015 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador DH.D36.47744 en materia de verteduras de augas residuais.

O 14 de agosto de 2015 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Granitos Soynaci, S.L. (t.m. Meis) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia