En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de outubro de dous mil quince,
Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural a María del Carmen Bouso Montero.
Santiago de Compostela, oito de outubro de dous mil quince
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural