Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39431

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

DECRETO 138/2015, do 8 de outubro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a María Jesús Lorenzana Somoza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de outubro de dous mil quince,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a María Jesús Lorenzana Somoza.

Santiago de Compostela, oito de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio