En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de outubro de dous mil quince,
DISPOÑO:
Que cese Verónica Tellado Barcia, como directora xeral de Conservación da Natureza, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, oito de outubro de dous mil quince
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio