Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización da contratación para a subministración, instalación e adaptación de combinadores de frecuencia e antenas de recepción para a rede de homoxeneización de difusión en UHF da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, fago pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Número de expediente: 4-2015.

d) Enderezo web do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22975

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e adaptación de combinadores de frecuencia e antenas de recepción para a rede de homoxeneización de difusión en UHF da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 125, do 6 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: neto 130.800 €; IVE 27.468 €; total 158.268 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de setembro de 2015.

b) Data de formalización: 17 de setembro de 2015.

c) Empresas adxudicatarias e importe da adxudicación:

Lotes

Empresa contratista

Importe neto

IVE

Importe total

Lote 1

Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.

29.986 €

6.297,06 €

36.283,06 €

Lote 2

Tredess 2010, S.L.

29.000 €

6.090 €

35.090 €

Lote 3

Tredess 2010, S.L.

35.600 €

7.476 €

43.076 €

Lote 4

Egatel, S.L.

35.396 €

7.433,16 €

42.829,16 €

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios