Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39427

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de outubro de 2015 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta do presidente do ente público Portos do Estado, o cesamento de José Antonio Morillo-Velarde del Peso como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar